COOPERACIÓN COS CONCELLOS

A Deputación achega 52.000 euros para puntos de recollida de residuos soterrados na Rúa San Andrés da Coruña

Xosé Regueira, durante a firma do convenio co alcalde da Coruña
Xosé Regueira, durante a firma do convenio esta mañá co alcalde da Coruña.

A achega para acometer as obras, cuxo orzamento total ascende até os 65.056 euros, reforzará no casco vello da Coruña a capacidade de recollida de residuos.

A Deputación achega 52.000 euros para puntos de recollida de residuos soterrados na Rúa San Andrés da Coruña

O deputado e responsábel da área de Cooperación cos concellos, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello da Coruña, Xulio Ferreiro, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que se acorda o financiamento da instalación de seis puntos de aportación de residuos urbanos soterrados na Rúa San Andrés da Coruña.

 

A Deputación da Coruña achegará unha partida de 52.044 euros para acometer unhas obras cuxo orzamento total ascende até os 65.056 euros, e coas que o casco vello da Coruña verá reforzada en 22 metros cúbicos a súa capacidade de recollida de residuos.

 

O proxecto, contempla a instalación de dúas illas de contenedores soterrados na zona próxima á Rúa Estreita de San Andrés, incluíndo un sistema integrado por catro contenedores destinados á recollida de residuos inorgánicos de 4.000 litros de capacidade, e outros dous elementos destinados aos de tipo orgánico, de 3.000 litros.

 

Con esta actuación, da que se beneficiarán de xeito directo preto de 5.000 veciños e veciñas da Coruña, a Deputación contribúe a mellorar funcional e esteticamente unha das zonas máis emblemáticas da cidade, pois, ademais de facer desaparecer da superficie os contenedores tamén se eliminará a emisión de malos olores.

A Deputación achega 52.000 euros para puntos de recollida de residuos soterrados na Rúa San Andrés da Coruña