Contra a nova orde patriarcal

Anxela Franco.
Anxela Franco.

A Deputación da Coruña inicia un programa de debate arredor do feminicidio en trece concellos.

Contra a nova orde patriarcal

A área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña, que dirixe a deputada Ánxela Franco, promove un programa de trece obradoiros de debate arredor do feminicidio que se inician este mércores día 27 de xaneiro en Negreira. Carme Adán, a autora do libro, Feminicicio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión, será a encargada de impartir os obradoiros. Os concellos de Ferrol, Culleredo, Boiro, Boqueixón, Muxía, Santiago, Cee, Negreira, Coirós, Carballo, Teo, Muros e a Mancomunidade de Ordes acollerán a partir deste mércores día 27 de febreiro os obradoiros arredor da violencia machista, promovidos pola área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña a través dos CIMs dos concellos e impartidos por Carme Adán.

 

"Trátase dunha iniciativa que se suma a todas as accións formativas que desde a área de Igualdade e Servizos Sociais desenvolvemos para contribuír á prevención da violencia machista. É necesario debater e falar do feminicidio para  combatelo que é un dos nosos obxectivos", sinala a deputada Ánxela Franco. Á iniciativa súmase a outros programas da área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña destinados a concienciar sobre a necesidade de erradicar a violencia machista como a campaña Quen dixo medo? e Suprime o control.