Benestar Social estuda liñas de colaboración con AFAFES

Ánxela Franco reuniuse co coordinador da asociación, César Bugallo, e o concelleiro do BNG en Cee, Serxio Domínguez.

Benestar Social estuda liñas de colaboración con AFAFES

A deputada de Benestar Social, Educación e Igualdade, Ánxela Franco, reuniuse o pasado venres co coordinador da Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (AFAFES), César Bugallo, para coñecer as súas demandas e estudar as distintas liñas de colaboración. Á xuntanza asistiu tamén o concelleiro do BNG de Cee, Serxio Domínguez.

 

AFAFES naceu en outubro de 2016 cando un grupo de familiares de persoas con alzheimer e outras demencias se propuxeron traballar a nivel comarcal para promover actuacións e programas destinados a mellora dos enfermos e enfermas.

 

Ánxela Franco explicou as diversas vías de colaboración que ten a Deputación da Coruña para atender este tipo de reclamacións e trasladou á asociación que se estudarán todas as vías posíbeis para poder apoiar á entidade. "A Deputación está subvencionando a construción, ampliación e mellora de centros, sen que a Xunta de Galiza, que é quen ten todas as competencias, movera un dedo”, denunciou a deputada nacionalista.