Achega para o mantemento da casa de acollida de Ferrol

Sinatura do convenio para a casa de acollida de Ferrol este venres na Deputación.
Sinatura do convenio para a casa de acollida de Ferrol este venres na Deputación.

As instalacións deron acubillo neste 2018 a 13 mulleres en situación de violencia machista.

Achega para o mantemento da casa de acollida de Ferrol

A Deputación da Coruña contribúe ao mantemento da casa de acollida para mulleres en situación de violencia machista de Ferrol a través dun convenio de colaboración que asinaron a deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco, e a concelleira de Mocidade, Benestar Social, Igualdade e Muller, Sainza Ruíz. A casa acolleu neste ano 13 mulleres con idades comprendidas entre os 23 e os 61 anos. A deputada Ánxela Franco e a concelleira Saínza Ruíz asinaron un convenio para financiar a casa de acollida polo que a Deputación fai unha achega de 32.569 euros para o seu mantemento xeral. Na sinatura do convenio, a deputada Ánxela Franco destacou " a importancia dun recurso como a casa de acollida para que as mulleres se sintan seguras no momento máis difícil no que precisan ter un espazo protexido cando máis o precisan".