01/maio/2018
"Gustaríame empezar por deixar claro que é a Deputación da Coruña, e cal é o seu orzamento,,,", dixo Xosé Regueira no debate sobre o apoio da Deputación á iniciativa da Xunta respecto dos terreos portuarios da cidade da Coruña. "O que está en xogo é fundamental para o modelo de cidade, e deben ser as coruñesas e os coruñeses os que digan que queren facer cos terreos portuarios", insistiu Regueira, quen reiterou no pleno do pasado venres a postura do BNG respecto dos terreos e sinalou en que foros se debe dar o debate e lembrou que o BNG levará o asunto ao Parlamento galego.