Novas
Xuntanza de traballo do grupo provincial do BNG e o consello comarcal de Bergantiños
01/feb./2025
A reunión serviu para que os deputados e deputadas provinciais trasladasen as principais liñas de traballo na Deputación, así coma todas as liñas de subvencións ás que poden optar os concellos das áreas gobernadas polo BNG: Turismo e Promoción Económica; Plans Provinciais e Asistencia a Municipios; Cultura; Patrimonio e Contratación e Igualdade, Lingua e Dereitos Civís.