luisa-villalta
Vídeo
ARTE + MULLER + GALICIA

ARTE + MULLER + GALICIA

ARTE+MULLER+GALICIA, de Rosario Sarmiento Escalona é un dos proxectos seleccionados no I Concurso Luísa Villalta. O obxectivo deste documentario é poñer voz ás artistas galegas que durante moitos anos foron inexistentes para a historia, condenadas a ser mulleres do silencio.
Ler novas
Vídeo
Juana Docencia

Juana Docencia

Poesía, danza, música e creación escénica únense neste proxecto sobre a escritora uruguaia de ascendencia galega Juana de Ibarborou (1892-1979) e a declarada influencia que sobre ela exerce Rosalía. A directora, Marina Ourol, de Noente Paradise, fala no acto de presentación dos proxectos seleccionados para o I Concurso Luísa Villalta.
Ler novas
Vídeo
Goretti Sanmartín presenta ás gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta

Goretti Sanmartín presenta ás gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta

"Temos que contribuír a crear un imaxinario diferente arredor das mulleres e dos homes nesta sociedade a través de proxectos que teñan que ver coa visibilidade das mulleres e coa cultura coma un deses elementos fundamentais para construír ese imaxinario", dixo Sanmartín na presentación esta mañá das gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade. A vicepresidenta e responsábel de Cultura estivo acompañada por Ánxela Franco, deputada nacionalista da Área de Igualdade. Goretti Sanmartín subliñou o peso dos formatos audiovisuais en todos os proxectos presentados e indicou que unha forma moi útil para chegar ás mozas e mozos.
Ler novas