Novas
María Muíño: «A boa acollida do Festival Rosalía vén demostrar a importancia de apostar, divulgar e crear no noso idioma»
25/feb./2023
A responsable provincial de Igualdade e de Normalización Lingüísitica participou esta mañá en Compostela na inauguración da segunda xornada do Festival Rosalía, que organiza o departamento que dirixe en colaboración co Concello de Santiago. Estivo acompañada polo seu compañeiro de grupo na Deputación e titular de Patrimonio, Xosé Lois Penas; pola nosa deputada no Parlamento galego, Mercedes Queixas; polas concelleiras da corporación compostelá Mercedes Rosón, Goretti Sanmartín e Branca Novoneyra; polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e polo presidente da AELG, Cesáreo Sánchez.