crtvg
Novas
Goretti pleno do 25 de maio

A Deputación pide á CRTVG que reconsidere os cambios na programación da Radio Galega

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou esta mañá unha moción cos votos favorables do PSdeG, BNG, Compostela Aberta e Marea Atlántica en que insta á dirección da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) a manter as desconexións locais dos seus informativos radiofónicos e tamén a continuar coa emisión do programa 'Diario Cultural', tralo anuncio da compañía de suprimir ambos espazos da súa programación diaria.

Ler novas
Vídeo
Goretti pide a CRTVG que manteña espazos informativos e o 'Diario Cultural'

Goretti pide a CRTVG que manteña espazos informativos e o 'Diario Cultural'

O pleno da Deputación acordou esta mañá solicitar á CRTVG que reconsidere a súa decisión, anunciada este mes, de eliminar da súa grella a partir de setembro, no comezo da nova tempada, os informativos locais e o 'Diario Cultural'. A moción saíu adiante malia a insistencia do PP en negar a evidencia do mal uso dos medios públicos de Galiza denunciado mesmo polos propios traballadores da TVG e da Radio Galega. Goretti Sanmartín, encargada de defender a moción, sinalou ademais a importancia que estes programas teñen para a difusión do galego nun contexto no que apenas hai medios privados que usen a lingua nas ondas. A vicepresidenta tamén advertiu que o PP pretende controlar a información de proximidade nas cidades porque non controla os gobernos de ningunha delas, agás o de Ourense.

Ler novas