Pleno da Deputación. Debate sobre os terreos do litoral da cidade da Coruña Intervención de Xosé Regueira.
O pleno da Deputación da Coruña rexeitou hoxe adherirse ao protocolo asinado o pasado 18 de abril entre a Autoridade Portuaria da Coruña, Portos do Estado e a Xunta de Galicia sobre os terreos de Batería, Calvo Sotelo e A Solana, no porto coruñés. Os votos de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños sumáronse en contra da moción do Grupo Popular, que propoñía que a institución provincial participara económicamente na compra dos terreos, adheríndose ao condominio participado pola Xunta nun 51%, e contribuira a determinación dos usos aos que se dedicarán estas parcelas. Estes mismos votos articularon tamén a maioría para aprobar outra moción rexistrada por Marea Atlántica na que se solicitaba deixar en suspenso o anuncio do 18 abril e sumarse ao debate do protocolo avalado polo pleno do Concello da Coruña.