Ánxela Franco completa as tres diagnoses no seu departamento cun estudo de accesibilidade que promove Benestar Social
Di Coruña accesible conta cun investimento de 73.000 euros e avanzará os primeiros resultados en abril de 2019.
Di Coruña accesible conta cun investimento de 73.000 euros e avanzará os primeiros resultados en abril de 2019.
O estudo non estará listo até abril de 2019. Leva un orzamento de 73.000 euros e foi encargado á empresa Combina Social. Álvaro García, responsable da área de Accesibilidade e Formación de Combina Social, destacou o obxectivo do programa: "poder dicir que temos unha provincia accesible", e subliñou a sensibilidade de Benestar Social ao establecer unha cláusula para reservar o contrato a empresas que empregan a persoas con discapacidades.