Xosé Lois Penas e María Muíño defenden ‘A Luz da ciencia’ como ferramenta para acabar coas fendas de xénero nas disciplinas científicas
“Estas xornadas deben crear vínculos entre a sociedade científica e tamén poñer luz no eido das dificultades que atopan as mulleres á hora de formarse, de incorporarse ao mercado laboral e de desenvolver unha carreira profesional de dedicación e investigación no eido da ciencia”, salientou o deputado provincial de Patrimonio. A responsable de Igualdade, María Muíño, apostou pola transversalidade para romper as barreiras da discriminación por sexo: “Entendemos que o traballo pola igualdade de xénero, para ser expansivo, para acadar unha transformación real, ten que chegar a todas as áreas e a todas as accións de goberno”.