María Muíño salienta a figura "mítica" de Antolín Faraldo na inauguración dos Xogos Florais de Betanzos 2022
“Parafraseando a Murguía, atopámonos ante ‘o primeiro e o mellor’, un persoeiro dunha relevancia e influencia extraordinarias no noso presente, precursor na consideración da identidade e autonomía da Galiza fronte ao centralismo e que, porén, segue a ser moi descoñecido”, salientou a deputada provincial de Igualdade. “Estes Xogos Florais forman parte dunha serie de accións promovidas desde a área de Normalización Lingüística da Deputación ao redor de Faraldo, como o apoio ao libro 'Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do rexurdimento' ou a elaboración de pequenos audiovisuais que abordan e recuperan temáticas que o intelectual betanceiro tratou nos seus artigos xornalísticos".