Cultura da Deputación apoia con 1,1 millóns de euros os festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas dos concellos e entidades
"Apoiar os festivais significa, para nós, apostar pola difusión e a creación cultural a través do que son verdadeiras plataformas de promoción das propostas existentes e tamén de creación de emprego e riqueza no sector", explica o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto. "Este apoio á actividade cultural é un dos obxectivos destas dúas liñas de subvencións que, xunto coa Rede Cultural, significa unha aposta pola contratación e a mellora da situación laboral e económica do sector profesional da cultura, tan afectado pola pandemia".