Novas

Presentación programa 'Malas Linguas'

"Malas Linguas" é un programa de concienciación social e combate en prol do gal que a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, coordinada por Goretti Sanmartín, lanza para contrarrestar a ausencia de políticas públicas desde a Administración autonómica que confronten realmente cos continuados ataques contra a lingua propia do país. O programa foi presentado esta mañá pola vicepresidenta da Deputación nun acto sinxelo e no que Goretti Sanmartín dixo que se quere contribuír a que "o Estado sexa un Estado realmente democrático e plurilingüístico".

Presentación programa 'Malas Linguas'