NOVAS

Motivacións xurídicas da reclamación de Meirás. Xavier Ferreira, profesor de Dereito da USC

O informe histórico xurídico da Deputación conclúe que o Pazo de Meirás foi entregado a Franco o 5 de decembro de 1938 pola Junta Provincial Pro Pazo del Caudillo como doazón da provincia da Coruña. Un agasallo que se lle tributa en calidade de «Jefe del Estado y Generalísimo de los Ejércitos». Polo tanto, o ben debería formar parte do Patrimonio Nacional desde 1940, cando se promulgou a lei franquista, anterior a operación de compravenda do ano 41, que o informe entende "simulada". De conforme con aquela lei: “Los bienes que integran el Patrimonio Nacional, cuya propiedad corresponde al Estado, son inalienables e imprescriptibles, y no podrán sujetarse a ningún gravamen real ni a ninguna otra Responsabilidad (artigo 5). Xavier Ferreira, profesor de Dereito na USC, explicou a semana pasada na Deputación as posibilidades de emprender accións legais para reclamar o Pazo de Meirás para o patrimonio público. "Todo parece indicar que a escritura pública de compravenda das Torres de Meirás outorgada en data do 24 de Maio de 1941 é un contrato sen causa, un contrato simulado a medio do cal quen xa non era lexítimo propietario da devandita finca (lembremos que a mesma fora xa vendida en data do 31 de Marzo de 1938) finxiu a existencia dunha nova compravenda na que o comprador, que apareceu nese acto representado, o fixo a título exclusivamente particular. En consecuencia, atopámonos diante dunha venda efectuada por quen non era propietario e diante dunha compra realizada por quen, a título de Xefe de Estado, xa tiña aceptado o ben." (Informe histórico-xurídico)

Motivacións xurídicas da reclamación de Meirás. Xavier Ferreira, profesor de Dereito da USC