Novas

Susana Seivane na presentación de 'Lúas de outono 2018'

En presenza de Goretti Sanmartín (responsábel de Cultura da Deputación) e Saleta Goi (viúva do poeta), no remate do acto de presentación do concerto 'Lúas de outono', que o próximo mércores día 19 homenaxeará a Manuel María no Teatro Rosalía da Coruña, a gaiteira Susana Seivane ofreceu esta peza. Seivane será a encargada este ano de tocar na homenaxe ao poeta e estreará o seu novo disco 'Fa', un disco que toma o nome das iniciais dos nomes dos seus fillos.

Susana Seivane na presentación de 'Lúas de outono 2018'