Pleno do 27 de xullo. Regueria lembra quen sacou adiante a Lei de Benestar Animal e as súas esixencias. "A Xunta de Galiza debe asumir as súas responsabilidades no cumprimento da lei, e máis tendo en conta de que esta lei se aprobou só cos votos favorabéis do PP", lembra Xosé Regueira. Co voto favorable de todas as formacións políticas, saíu adiante unha iniciativa encamiñada a velar polo cumprimento da Lei e benestar animal no pleno da Deputación da Coruña desta mañá. A moción insta a Xunta de Galicia a velar polo cumprimento da Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía.
27 de xullo de 2018 (21:32 h.)