Novas

Presentación das xornadas sobre artes escénicas no Teatro Colón.

Organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña, a xornada “A escena galega sobre o palco do Colón. Os procesos de creación nas artes escénicas na Galicia do século XXI”, reúne este sábado a máis profesionais do ámbito da escenografía galega no transcurso dos diferentes eventos programados no Teatro Colón. "O Teatro Colón ábrese como espazo de confluencia entre as distintas xeracións das artes escénicas nun encontro que agardo deixe pouso e do que nazan novos proxectos", explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei que, na súa intervención inicial, botou en falta "ámbitos para a confluencia de distintas xeracións das artes escénicas galegas nas que, ás veces, o diálogo é mínimo, camiñando por liñas paralelas segundo propostas escénicas e mesmo xeracións". Mabel Rivera e Manuel Lourenzo, entre outras, participaron xa nos debates desta mañá, e asistiron ´á primeira das charlas, cos directores Carlos Neira, Daniel Salgado e Carlos Sante. A xornada, a terceira quenda do programa "A Cultura é un Dereito", está coordinada por Cristina Domínguez.

Presentación das xornadas sobre artes escénicas no Teatro Colón.