Alternativa dos Veciños, por medio do seu deputado provincial Ángel García Seoane, presentou esta mañá unha moción para que a Deputación tomase a iniciativa con políticas de apoio ás persoas refuxiadas, vinculando a súa proposición con iniciativas para paliar o despoboamento e o abandono do rural. Aínda que todos os grupos dixeron compartir a análise da situación que fixo García Seoana, só o BNG expresou o seu respaldo rotundo á moción pedindo ademais que se involucrase a outras administracións no desenvolvemento dun plan integral para tratar a porblemática. No debate, e diante da posición do PP que só ve atrancos legais para levar adiante iniciativas políticas no rural, Xosé Regueira incidiu en que un plan integrar, a súa elaboración, non ten que abordar inicialmente este tipo de cuestión, e puxo algúns exemplos, como os recorrentes plans de turismo.
27 de xullo de 2018 (18:31 h.)