igualdade
Novas
Cartel anunciador do congreso A memoria diversa

María Muíño: "O congreso 'A memoria diversa' afonda na perspectiva social, política e humana da diversidade a través de voces e movementos necesarios"

É unha das actividades de “Liberdade de ser e de sentir”, a campaña que o departamento que dirixe Muíño impulsa, co gallo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Ler novas
Novas
A deputada provincial de Igualdade, María Muíño

A Deputación destina máis de 400.000 euros a 45 entidades que traballan no desenvolvemento de políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero

"Desde a Deputación valoramos esta convocatoria como moi importante, porque se dirixe ao tecido asociativo que traballa en todo o territorio e tamén porque apoia programas de grande interese social que contribúen a promover e dar pasos adiante na igualdade e a eliminación do machismo e o feminicidio", sinala a deputada de Igualdade, María Muíño.
Ler novas
Novas
Unha imaxe do acto institucional da Deputación polo 8M

María Muíño: “O 8M é unha data para a reflexión e que nos permite afirmar, á luz dos datos, que non hai igualdade”

“Para superar este marco non só hai que cumprir a lexislación que temos aprobada, que é necesaria, senón que tamén é necesario que se nos escoite, que non se usen as datas para cubrir expedientes e saír na foto, teñen que existir compromisos reais”, reivindicou a responsable provincial de Igualdade no acto institucional da Deputación polo 8M
Ler novas
Novas
Muíño, durante a súa intervención no congreso, hoxe en Ordes

María Muíño anima a alumnas e alumnos de ESO a celebrar os logros do feminismo na súa intervención no V Congreso Escolar polas Igualdades

A deputada provincial de Igualdade falou da necesidade de coñecer a importancia da loita feminista no desenvolvemento dunha sociedade cada vez máis xusta e máis igualitaria en dereitos reais. Neste contexto, salientou que tamén é necesario coñecer a situación real a día de hoxe e que, atendendo aos datos estatísticos, “aínda queda moito por facer” en cuestións relacionadas coa fenda salarial entre mulleres e homes, no desenvolvemeto das carreiras profesionais das mulleres ou en materia de conciliación laboral e familiar. 
Ler novas
Novas
A deputada provincial de Igualdade María Muíño

A Deputación destina 420.000 euros ao desenvolvemento de políticas de Igualdade e loita contra a violencia de xénero

“Desde o departamento de Igualdade da Deputación temos que apoiar políticas de igualdade que promovan accións de empoderamento e participación social, programas de mellora da empregabilidade, actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres ou proxectos que incidan no eido da conciliación familiar e a responsabilidade compartida”, explicou a deputada provincial María Muíño. 
Ler novas
Novas
A deputada provincial de Igualdade, María Muíño

María Muíño: "Coa nova convocatoria de axudas para a contratación de axentes estamos máis preto da Rede provincial de concellos pola igualade"

“A Rede pola igualdade permitirá unha mellor coordinación, impacto e eficacia das accións e iniciativas, pero está claro que sen persoal técnico especializado non é posible unha sociedade libre de violencias ou igual para todos", explicou Muíño a propósito da nova liña de subvencións, cuxa convocatoria, destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de febreiro.
Ler novas
Novas
Penas e Muíño, durante a súa intervención na inauguración das xornadas

Xosé Lois Penas e María Muíño defenden ‘A Luz da ciencia’ como ferramenta para acabar coas fendas de xénero nas disciplinas científicas

“Estas xornadas deben crear vínculos entre a sociedade científica e tamén poñer luz no eido das dificultades que atopan as mulleres á hora de formarse, de incorporarse ao mercado laboral e de desenvolver unha carreira profesional de dedicación e investigación no eido da ciencia”, salientou o deputado provincial de Patrimonio. A responsable de Igualdade, María Muíño, apostou pola transversalidade para romper as barreiras da discriminación por sexo: “Entendemos que o traballo pola igualdade de xénero, para ser expansivo, para acadar unha transformación real, ten que chegar a todas as áreas e a todas as accións de goberno”.

Ler novas
Portadas
María Muíño, cos gañadores do III Premio Luísa Villalta pola igualdade

María Muíño fixo entrega dos galardóns aos gañadores do III Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade

“Estamos moi satisfeitas pola diversidade en temáticas, ideas e inquedanzas que representan o conxunto dos oito proxectos e que obedecen ao obxectivo de impulsar unha sociedade máis xusta e máis democrática”, afirmou a deputada provincial. Nesta terceira edición do certame, convocado pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, resultaron premiados desde unha proposta de tradución feminista entre linguas non hexemónicas ata unha iniciativa multidisciplinar que compila testemuñas de mulleres vítimas do franquismo, pasando por audiovisuais e montaxes escénicas.

Ler novas
Novas
#DeFronte en Rianxo

María Muíño lembra que "non se pode calar ante a vulnerabilidade de quen sofre violencia machista nun país no que o envellecemento poboacional é moi alto"

"Hai estudos que demostran que un dos grupos máis vulnerábeis entre as vítimas de violencia machista é o das mulleres de máis idade e isto non é algo que poidamos calar", asegurou a deputada provincial de Igualdade. "Cómpre", engdiu, "poñer os datos enriba da mesa, visibilizar esta situación e sobre todo adoptar medidas e iso é o que se pretende con esta palestra que agardo sexa un espazo de reflexión e de formación".

Ler novas
Novas
María Muíño copia

María Muíño apela ao compromiso individual e colectivo para loitar contra a violencia machista co gallo da reactivación en novembro da campaña “DE FRONTE”, da Deputación da Coruña

A campaña que organiza a institución provincial con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, contempla un programa de actividades que busca a implicación social, de xeito especial a dos concellos e tamén a das distintas entidades sociais que traballan no territorio. Ademais, área de Igualde, que xestiona Muíno, porá a disposición da cidadanía, do o 4 ao 25 de novembro, unha serie de actividades e recursos cos que seguir levando aos espazos de traballo, educativos ou mesmo familiares a necesidade de sensibilizar fronte á desigualdade e á violencia de xénero.

Ler novas