O pazo é do pobo Galego. Franquismo Nunca Máis

O pazo é do pobo Galego. Franquismo Nunca Máis
No día de entrega das chaves do Pazo de Meirás, queremos recoñecer o traballo de tantas persoas que colaboraron con Cultura da Deputación da Coruña para contribuír a asentar as bases da devolución que hoxe se fai realidade. De maneira especial, aos investigadores Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez, trabes deste proceso, aos directores dos informes xurídico e histórico, Xabier Ferreira e Emilio Grandio , a Talía Teatro e a todas as persoas que, nalgún momento achegaron o seu esforzo para que Meirás volva ser patrimonio de todas e todos e, singularmente, ás que formaron parte da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás que impulsou a entón vicepresidenta e deputada de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, que puxo á vista as claves do espolio. A todas elas, o noso agradecemento e os parabéns por este fito histórico que pon unha lousa máis sobre os restos do franquismo.
O pazo é do pobo Galego. Franquismo Nunca Máis