Dezaoito concellos optan á contratación de persoal de Igualdade na nova convocatoria da Deputación da Coruña. 250.000 € para concellos de menos de 20.000 habitantes

María Muiño. BNG
María Muiño. BNG
Multiplícase por dez o número de municipios que contarán co servizo para loitar contra o machismo e o feminicido.
Dezaoito concellos optan á contratación de persoal de Igualdade na nova convocatoria da Deputación da Coruña. 250.000 € para concellos de menos de 20.000 habitantes
ezaoito concellos participan na convocatoria para a contratación de persoal técnico de igualdade promovida pola Deputación da Coruña. A iniciativa, que promove o departamento dirixido pola deputada María Muíño, suporá un cambio radical na situación ao multiplicar por dez os concellos que contarán con este servizo. Un total de dezaoito concellos presentaron a solicitude para participar na nova convocatoria da área de Igualdade da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico municipal especializado na loita contra as desigualdades e a violencia machista.

Grazas a esta iniciativa, o número de concellos de menos de 20.000 habitantes que contarán con persoal técnico municipal de igualdade pasará de 2 que xa existían até os 20 que, de cumprir os requisitos, conseguirán o financiamento a través da convocatoria da Deputación da Coruña. A área de Igualdade destina, de saída, a 250.000 € para esta nova liña de axudas para municipios de menos de 20.000, un tramo que en dous únicos casos contaba con anterioridade con servizos con persoal especializado neste ámbito para contribuír á eliminación da discriminación e a violencia machista desde os concellos.

"Promover a profesionalización das áreas de Igualdade dos concellos é unha aposta da Deputación da Coruña que, por primeira vez, abriu a convocatoria a concellos que non contaban con este servizo incrementando o seu orzamento" destaca a deputada de Igualdade, María Muíño, para quen "as administracións locais, as máis próximas ás persoas, teñen un papel fundamental á hora de eliminar o machismo e desenvolver políticas activas para combater o feminicidio".

As subvencións da Deputación da Coruña ascenden a un total de 22.000 € por contratación de persoal técnico para a dinamización e o desenvolvemento de políticas de igualdade para o que se consignou un total de 250.000 € á que se poden introducir modificacións que incrementen o orzamento de saída.

Por primeira vez a través desta liña de subvencións pódense facer novas contratacións e non só manter os servizos xa existentes, como acontecía até agora. "Defendemos e promovemos o perfil profesional especializado con funcións de desenvolvemento de políticas de igualdade que son fundamentais nas administracións locais e teñen un papel importantísimo que desenvolver na situación actual en que as mulleres continúan a padecer discriminación e violencia machista", defende María Muíño que mostra a súa satisfacción pola recepción da convocatoria que significará un cambio radical na situación dos servizos de igualdade no territorio.

Dezaoito concellos optan á contratación de persoal de Igualdade na nova convocatoria da Deputación da Coruña. 250.000 € para concellos de menos de 20.000 habitantes