O BNG defende no pleno da Deputación un plan de desenvolvemento económico para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Xose Regueira. BNG
Xose Regueira. BNG
O BNG defende no pleno da Deputación un plan de desenvolvemento económico para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O BNG defende no pleno da Deputación un plan de desenvolvemento económico para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

A Deputación da Coruña instará á Xunta e ao Goberno central a presentar un plen de desenvolvemento económico para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal como recolle a moción presentada polo BNG quee foi aprobada no pleno da Deputación da Coruña. O vicepresidente da institución, Xosé Regueira, defendeu a iniciativa que foi aprobada por unanimidade na que se mostrou tamén o apoio á folga xeral do 25 de febreiro.

"Hai territorios que arrastran unha desindustrialización perenne e necesitan un plan de reactivación urxente", sinalou Xosé Regueira na defensa da moción presentada polo BNG na que se insta aos gobernos qu teñen competencia na materia, Xunta e Goberno Central a presentar o plan de desenvolvemento económico que afectaría ás comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. 

Xosé Regueira

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, manifestou a urxencia de "actuar xa", nunha situación como a que estamos a vivir co recente anuncio do peche de Siemens-Gamesa no Concello das Somozas, o peche da central térmica das Pontes, a situación de colapso na ría de Ferrol e a falta de traballo en Navantia que deixa ás comarcas nunha "situación de emerxencia económica e social, un panorama no que todos aqueles sectores ou empresas estratéxicos, dos que depende a comarca, están pechando ou en situación de parálise".

Reclamou así "actuacións concretas" por parte dos gobernos galegos e español, "nun escenario no que é urxente a activación de medidas que contribúan á recuperación industrial e garantan o desenvolvemento económico e a creación de emprego nunha comarca que xa non pode agardar máis".

Neste sentido, o pleno da Deputación, a instancias do BNG, esixe o plan de desenvolvemento económico co fin de "garantir o traballo actual e das futuras xeracións partindo do tecido empresarial existente (Endesa, Navantia, Gamesa...) e das potencialidades da propia comarca (nomeadamente o sector marisqueiro da ría de Ferrol), con medidas de actuación inmediatas, proxectos concretos, partidas orzamentarias e prazos de execución".

A moción nacionalista, que foi aprobada no pleno, recolle tamén o apoio á folga xeral do 25 de febreiro e ás mobilizacións propostas polas centrais sindicais en defensa dos postos de traballo.

O BNG defende no pleno da Deputación un plan de desenvolvemento económico para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal