O vicepresidente da Deputación da Coruña, o deputado nacionalista Xosé Regueira, reclama á Xunta que compense aos concellos polas bonificacións aprobadas pola crise

Xosé Regueira
Xosé Regueira

 Reclama un "rescate" para o sector turístico que está a padecer especialmente os efectos económicos da pandemia, ademais do soporte legal para os concellos polas exencións fiscais
 

O vicepresidente da Deputación da Coruña, o deputado nacionalista Xosé Regueira, reclama á Xunta que compense aos concellos polas bonificacións aprobadas pola crise

 A Coruña, 6 de novembro de 2020- O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsábel das áreas de Plans Provinciais e Turismo, Xosé Regueira, reclama á Xunta unha lei para dar soporte legal aos concellos polas bonificacións a distintos sectores e a cooperación para que a redución de ingresos non afecte á prestación de servizos municipais.
 

Xosé Regueira mostrou a súa preocupación pola situación que atravesan os concellos pola crise provocada polo coronavirus, tanto pola falta de cobertura legal ás bonificacións e exencións fiscais como pola redución de orzamentos que fai perigar nalgúns casos os servizos municipais máis urxentes tamén nesta situación.
 

Nunha intervención na que defendeu o apoio da Deputación da Coruña aos plans de emprego municipal, Xosé Regueira reivindicou unha lei  galega que de "soporte legal ás bonificacións e exencións fiscais que os sectores máis afectados pola pandemia están reclamando dos concellos da provincia" .

Por outra banda, solicitou que a administración galega "coopere máis intensamente co financiamento local para que a redución de ingresos dos concellos por bonificacións de impostos municipais non afecte á prestación de servizos de carácter municipal como prestacións sociais que neste ano 2020 e 2021 se van incrementar".

Xosé Regueira no pleno Deputación

 

Un rescate para o sector turístico

Ademais, como responsable da área de Turismo da Deputación, Xosé Regueira, expresou tamén a súa preocupación polo sector, que está a padecer unha importante crise, de maneira especial no ámbito urbano, e defendeu a necesidade "dun rescate para paliar a gravísima situación pola que está a atravesar".

O vicepresidente da Deputación da Coruña, o deputado nacionalista Xosé Regueira, reclama á Xunta que compense aos concellos polas bonificacións aprobadas pola crise