O Plan Único da Deputación financia a construción de beirarrúas no lugar de Esteiro, Boiro

Xosé Regueira BNG
Xosé Regueira BNG
O Plan Único da Deputación financia a construción de beirarrúas no lugar de Esteiro, Boiro

O Concello de Boiro saca a licitación o proxecto para a execución de beirarrúas e servizos no lugar de Esteiro, en Cabo de Cruz. As obras, que ascenden a un orzamento total de 82.666,21 euros, vanse executar con cargo ao Plan Único POS+2020 da Deputación da Coruña.

POS+

A obra que se pretende executar con este proxecto é a execución de beirarrúas e servizos na beira sur do lugar de Esteiro, na parroquia de Castro, seguindo o trazado das existentes. Con esta actuación vaise dotar de seguridade viaria aos peóns que circulan entre o núcleo de Esteiro e a estrada que une Boiro e Cabo de Cruz, a DP-1107.

Aproveitando esta actuación pretendese realizar a rede de recollida de pluviais e mellorar a traída municipal de auga potable, instalando tamén bocas de incendio para a prevención de riscos provocados polo lume. No lugar vanse instalar conducións para a recollida de pluviais e as canalizacións de auga potable. Unha vez instaladas vaise proceder á execución das beirarrúas de 1,50 metros de ancho.

O Plan Único da Deputación financia a construción de beirarrúas no lugar de Esteiro, Boiro