VISITA AO CONCELLO DE FENE

A nacionalista María Muíño, responsábel de igualdade, defende en Fene novas accións para paliar as desigualdades provocadas pola covid

Maria

Reuniuse no concello co alcalde, Juventino Trigo, e varios membros do goberno municipal ademais de representantes da ANPA do CEIP O Ramo

Desde o goberno tamén lle trasladaron á deputada a necesidade de financiamento para dous proxectos de seguridade viaria na estrada da Armada e na subida do instituto de Barallobre

A nacionalista María Muíño, responsábel de igualdade, defende en Fene novas accións para paliar as desigualdades provocadas pola covid

A deputada de Igualdade e Normalización, María Muíño, visitou o concello de Fene no que se reuniu co seu alcalde Juventino Trigo e membros do goberno municipal para estudar o estado do concello e a posibilidade para aplicar novas accións políticas encamiñadas a paliar as desigualdades incrementadas desde aparición da pandemia. Na súa visita, María Muíño interesouse por outros proxectos financiados pola Deputación da Coruña no Concello de Fene e atendeu as demandas do goberno municipal, en especial, os proxectos de seguridade viaria que, para o alcalde, son urxentes.

Na súa visita ao Concello de Fene, a deputada María Muíño, reuniuse con alcalde, Juventino Trigo e distintos membros do goberno municipal, ademais de manter unha xuntanza con representantes da ANPA do CEIP O Ramo que está a desenvolver un programa de conciliación co apoio da Deputación da Coruña.

A deputada de Igualdade e Normalización interesouse polas consecuencias que a pandemia está a producir do concello de Fene, tanto no ámbito sanitario como económico e social, e polas necesidades e propostas que o goberno municipal propón coa nova situación provocada pola COVID-19. "Desde a Deputación da Coruña queremos traballar aínda máis intensamente en colaboración e coordinación cos concellos para investir os recursos en programas que realmente contribúan a mellorar a situación dos nosos concellos e a súa veciñanza. Máis que nunca, é tempo de sumar forzas e camiñar conxuntamente para responder ás urxencias que a pandemia está a producir", sinalou a deputada, María Muíño.

De maneira especial, María Muíño referiuse a que a Covid "afondou aínda máis nas desigualdades sociais e de xénero co cal é preciso desenvolver unha acción de goberno máis activa co fin de contribuír á unha sociedade máis xusta e igualitaria".

mariaUrxencias de seguridade viaira

O alcalde, Juventino Trigo, destacou a necesidade de programas de conciliación, de maneira máis intensa despois da aparición da covid, para aproveitou a xuntanza para solicitar o apoio da Deputación para a construción de beirarrúas e sendas peonís que son urxentes para garantir a seguridade viaria e imprescindíbeis para vertebrar o concello. En concreto, trátase de dúas actuacións, unha na DP-3501 que une Maniños con Limodre e outra a estrada que vai desde o instituto até o cemiterio de Barallobre.

Na xuntanza, a deputada interesouse por estas necesidades e tamén pola situación de varias obras que se están executando nestes no concello co apoio da Deputación ademais dos proxectos que nos que o goberno municipal está a traballar e que serán financiados a través do Plan Único de Concellos.

Xuntanza coa ANPA do CEIP O Ramo

A seguir, María Muíño, reuniuse coa ANPA do CEIP O Ramo e destacou o interese da Deputación de colaborar tamén coas entidades que traballan pola igualdade, en programas contra a violencia machista ou pola conciliación que se fixo máis necesaria aínda durante o confinamento e coas actuais medidas sanitarias. O alcance destes proxectos e o recoñecemento do labor que desenvolven as distintas asociacións foi obxecto da xuntanza coa ANPA do CEIP O Ramo que realiza un programa de conciliación co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de axudas en concorrencia competitiva.

Con este encontro, a deputada María Muíño inicia unha rolda de visitas para coñecer de primeira man os proxectos que a área de Igualdade e Normalización Lingüística apoia nos distintos concellos ademais de recoller as suxestións para mellorar e facer máis efectivas as axudas que cada ano convoca a área que dirixe.

1 3

Fotogalería

A nacionalista María Muíño, responsábel de igualdade, defende en Fene novas accións para paliar as desigualdades provocadas pola covid