A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás reunirase de novo o día 11

Xunta pro Devolución Pazo
Unha das reunións da Xunta pro Devolución do Pazo.

Goretti Sanmartín remite ao ministro de Cultura unha carta na que explica a situación do proceso de reclamación do Pazo de Meirás e achega os informes xurídico e histórico encargados pola Deputación.

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás reunirase de novo o día 11

"Que o Pazo de Meirás continúe na man da familia Franco significa que a transición non está rematada. Só cando ese ben volva a mans públicas poderemos comezar a falar de fin da ditadura, e por iso é tan importante a súa recuperación", apunta a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín na misiva a Jose Guirao.

 

Sanmartín lembra que desde a Deputación da Coruña xa remitiran ao novo goberno dirixido por Pedro Sánchez os informes xurídico e histórico que abren as portas á recuperación do Pazo de Meirás como ben público. "Neses documentos, xa en mans do goberno de Pedro Sánchez desde comezos do mes de xuño, explicítase o camiño para recuperar o Pazo sen indemnización ningunha á familia Franco, ao considerar nulo o acto de compra-venda ficticio que asinou o ditador despois de  levar xa tempo usando o inmoble como vivenda oficial", explica.

 

A vicepresidenta informou tamén este martes de que o vindeiro día 11 ás 12.30 horas reunirase de novo a Xunta pro Devolución do Pazo composta por representantes da Deputación, dos concellos que participaron no labor de recadación para que o Pazo pasase a ser domicilio de verán do Xefe de Estado na ditadura, as universidades, colectivos de recuperación da memoria e tamén da Real Academia Galega, de quen depende a casa de Emilia Pardo Bazán, anterior propietaria do inmoble.

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás reunirase de novo o día 11