O pleno do venres aprobará a compra dunha colección de 21 obras de Carlos Maside

Paisaxe de Compostela
'Paisaxe de Compostela', obra de Maside.

A Deputación da Coruña aproba o convenio para a adquisición do 'testamento pictórico' do artista, que permanecerá en Santiago de Compostela.

O pleno do venres aprobará a compra dunha colección de 21 obras de Carlos Maside

O convenio para a adquisición da obra de Carlos Maside chega este venres ao pleno da Deputación da Coruña, que aprobará a achega de 215.000 euros para a compra da colección de Carlos Maside, un importante legado que supón un 'testamento pictórico' dun dos máis relevantes artistas do século XX e que permanecerá na cidade en que o artista tivo o seu estudo. En total son 21 obras que serán cofinanciadas polo Consorcio de Santiago de Compostela, entidade coa que se asinará o convenio para a adquisición da coleccións que está en mans das persoas herdeiras de Carlos Maside.

 

"Con este convenio garantimos que se conserve en Compostela e se expoña permanentemente ao público este importante conxunto de obras de Carlos Maside, que constitúe unha mostra da traxectoria dun dos máis relevantes artistas do século XX, renovador da pintura galega e unha figura de incuestionábel influencia na intelectualidade do seu tempo e nas xeracións de artistas que tiveron nel unha referencia indispensábel", defendeu a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

O pleno do venres aprobará a compra dunha colección de 21 obras de Carlos Maside