Ánxela Franco estuda vías de colaboración para o plan "Rede de Concellos para o Benestar"

Ánxela Franco presentou na Fegamp os eixos do plan Rede de Concellos para o Benestar
Ánxela Franco presentou na Fegamp os eixos do plan.

A responsable da área de Igualdade, Educación e Servizos Sociais da Deputación da Coruña mantivo unha reunión co presidente e vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García e Manuel Mirás.

Ánxela Franco estuda vías de colaboración para o plan "Rede de Concellos para o Benestar"

Ánxela Franco defendeu na xuntanza que o estudo que está a realizar na Deputación da Coruña, precisa da participación dos concellos da provincia para o que solicitou a colaboración da Fegamp. Segundo explicou, o estudo suporá un incremento significativo sobre o coñecemento que das áreas de Servizos Sociais e servirá de marco para optimizar os investimentos na área coas necesidades detectadas no territorio.

 

Na xuntanza cos máximos responsábeis da Fegamp, Ánxela Franco avogou pola necesidade de compartir información entre as administracións "para que as ferramentas sexan útiles e os recursos cheguen até onde teñen que chegar". A metodoloxía do proxecto fundaméntase no traballo participativo nun proceso en que se entrevistarán a 300 persoas, en comunicación cos 93 concellos, asociacións, federacións e entidades sociais para acadar a maior información posible das necesidades e situacións existentes.

 

Na xuntanza participou tamén o técnico Manuel Pérez, da cooperativa galega Nova Works Consulting que está a desenvolver un proxecto que conta cun orzamento de 83.000 euros, e xunto co Plan de Igualdade, que posúe unha dotación de 70.000 euros, constituirán dous eixos de información para o coñecemento da situación e dos recursos das dúas areas.

Ánxela Franco estuda vías de colaboración para o plan "Rede de Concellos para o Benestar"