Aldaolado abren hoxe na Coruña o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade

Elas son Artistas. Ánxela Franco na presentación do Festival.
Ánxela Franco na presentación esta mañá do Festival xunto ás promotoras.

A deputada de Igualdade Ánxela Franco e a directora do festival, Yolanda Villa, participaron no debate que pon en marcha o festival 'Elas son artistas', un dos dez proxectos que gañaron a primeira edición dos Premios Luísa Villalta pola Igualdade a cultura das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña.

Aldaolado abren hoxe na Coruña o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade

A actuación esta noite no BâBâ Bar da Coruña (21.45 horas) do dúo Aldaolado marca o inicio dos espectáculos na primeira edición do Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade. Elas son artistas. O programa ofrecerá en concellos da comarca coruñesa entre hoxe, 31 de maio, e o 6 de xuño, unha serie de concertos, obras de teatro e danza, con Ele no Teatro Colón e The Soul Breakers na Sala Mardi Gras da Coruña e Femenino Plural en Arteixo. A Panadaría, Carla Green & Exit, Aldaolado, Billie Holiday´s Songbook, Juanita Banana, Rebeca Lane Blues do Pais, Nastasia Zürcher Elahood Danza, Las Antonias, Turma Caipira e Berta Bittersweet tamén fan parte da programación.

O programa pode consultarse en www.elassonartistas.gal

 

Aldaolado. Elas son artistasEsta mañá, no Pazo de Mariñán durante o acto de de inauguración, Ánxela Franco defendeu a "transversalidade das políticas de igualdade que deben activarse en todas as áreas de actuación", e, neste sentido referiuse a distintos programas da Deputación da Coruña que se están a levar a cabo en ámbitos como o deporte ou a cultura. A deputada de Servizos Sociais e Igualdade referiuse ao documento Cara ás lentes violetas na música, elaborado pola Asociación Galega de Profesionais para a Xestión Cultural (AGPXC) e por Mulleres na Industria da Música (MIN) que recolle diferentes propostas para eliminar a discriminación no ámbito musical. "Desde a Deputación da Coruña difundiremos este documento nos concellos e nos festivais para contribuír á poñer fin ao machismo que persiste en programacións, eventos, e outros espazos de distribución e promoción musical".

 

Defendeu tamén a deputada de Igualdade, a necesidade de que as "institucións teñan en conta criterios de igualdade de forma efectiva, é dicir, puntuábeis á hora de valorar diferentes proxectos". Ánxela Franco lembrou o "compromiso do goberno da Deputación da Coruña con políticas de igualdade e co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer a presenza das mulleres en todos os ámbitos".

Aldaolado abren hoxe na Coruña o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade