Turismo destina 729.405 euros á liña de axudas para dez entidades turísticas

Turismo-Regueira
Xosé Regueira.

A publicación da liña de axudas para entes do sector súmase á convocatoria para contratación de persoal técnico para oficinas de turismo de concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes que forma parte tamén do programa de apoio á profesionalización do sector.

Turismo destina 729.405 euros á liña de axudas para dez entidades turísticas

A área de Turismo da Deputación da Coruña destina un total de 729.405 euros ao programa de subvencións para entes de xestión, asociación, mancomunidades e consorcios turísticos. En total, dez son as entidades beneficiarias desta liña de apoio encamiñada á mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas

 

Accións formativas, desenvolvementos de produtos turísticos, plans de mellora de calidade e competitividade ou programas de promoción son algunhas das iniciativas que reciben subvención nunha liña da área de Turismo da Deputación da Coruña que ten como obxectivo a a profesionalización e mellora do sector turístico.

 

Entidades como o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, o ente de Turismo de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, a Asociación de Turismo da Costa da Morte, a Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros-Noia ou as mancomunidades de concellos de Ferrol e a Ría Arousa-Norte, Asociación Comarca Ortegal, Asociación Muxía Natural son as beneficiarias desta liña de axuda pola que se achegan apoios de até 120.000 euros.
 

"Desde a área de Turismo da Deputación da Coruña traballamos de maneira cooperativa con concellos e entidades para a mellora da calidade do sector turístico e a súa profesionalización, o que tamén se realiza a través das entidades que operan no ámbito turístico", sinala o deputado Xosé Regueira.

Turismo destina 729.405 euros á liña de axudas para dez entidades turísticas