Novas

Ánxela Franco na presentación do programa de prevención de adiccións

A deputada de Igualdade, Educación e Servizos Sociais, Ánxela Franco, presentou esta mañá o programa de prevención de adiccións que se desenvolverá nas 18 comarcas da Coruña. Franco fixo fincapé na necesidade de enfoncar as políticas públicas de benestar cara as persoas como "un investimento no noso capital humano como mellor forma de transformar o futuro", e sinalou que a educación é tamén unha política intelixente e eficaz por riba mesmo das disposicións legais para combater as adiccións e as dependencias.

Ánxela Franco na presentación do programa de prevención de adiccións