Vídeo
Concurso Luísa Villalta: A silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar
15/feb./2018
"A silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar" é un documental de Marina Dias Porto Chiavegatto seleccionado no I Concurso Luísa Villalta de ideas de proxectos culturais pola igualdade. "A silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar" narra a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e organización social de toda unha comarca no inicio do século XX en Galiza.