turismo
Novas
Regueira entrega o premio ao gañador da mellor tapa creativa

Regueira defende na entrega dos premios do Santiago(é)Tapas a aposta de Turismo da Deputación pola cadea de valor da enogastronomía da provincia

«É sempre un gusto, e nunca mellor dito, que se empreguen os nosos programas de apoio á mellora da calidade e da competitividade; por unha banda no avance e promoción da boa restauración, e por outra, en ofrecerlles a visitantes e residentes a posibilidade de coñecer e recoñecer o excelente produto co que contamos», sinalou o vicepresidente na súa intervención.
Ler novas
Novas
Visita de Regueira a unha das casetas de Biocultura, esta mañá en Expocoruña

Xosé Regueira: «Biocultura é unha feira fundamental para nós porque trata sobre a sostibilidade, sobre a ecoloxía e sobre o futuro do turismo»

«Desde a primeira edición, en Turismo da Deputación fixemos o posible para que Biocultura se celebrase na Coruña, porque é una feira comprometida, dalgún xeito, co territorio. E, neste sentido, a estratexia da mostra e a estratexia da Deputación coinciden», sinalou o vicepresidente provincial na inauguración de Biocultura, esta mañá en Expocoruña.
Ler novas
Novas
Agra e Regueira, na visita hoxe ao Estaleiro de Ciprián

Xosé Regueira salienta en Outes o potencial turístico do territorio

O vicepresidente, que visitou o Estaleiro de Ciprián na compaña de Sol Agra, puxo en valor «as oportunidades que ofrecen instalacións coma este museo, situados en espazos naturais, para dirixirse a un perfil de turista que valora a calidade e que deixa un impacto socioeconómico e medioambiental positivo na contorna».
Ler novas
Novas
Regueira fala do Cabo Ortegal como territorio xeolóxico, hoxe en Fitur

Regueira: «Que Cabo Ortegal sexa Xeoparque Mundial da Unesco suporá un gran pulo turístico para a comarca e abrirá novas e importantes oportunidades de emprendemento»

«Os xeoparques axúdannos a atopar espazos de diferenciación, nos que se valora a calidade, e que atraen ese perfil de turista que buscamos», salientou o vicepresidente da Deputación da Coruña na última xornada de Fitur, onde defendeu a diversidade e sostibilidade dos produtos turísticos da provincia.


 

Ler novas
Novas
Xosé Regueira, nunha edición anterior de Fitur

Regueira presentará en Fitur a estratexia de sostibilidade turística da Deputación da Coruña

«Queremos levar a unha das citas internacionais de turismo máis importantes a nosa proposta, baseada na sostibilidade medioambiental, económica e social, e que pasa por manter a autenticidade do territorio, por contribuír á xeración de riqueza local e por fixar poboación no rural, sempre desde o máximo respeto ecolóxico», explicou o vicepresidente da Deputación.
Ler novas
Novas
Regueira, na presentación do Plan no balneario de Carballo

Xosé Regueira: «O que pretendemos con 'A Coruña termal' é facer da auga un elemento que sirva como relato turístico para o territorio»

«Este novo Plan de Sostibilidade Turística en Destino que presentamos, cuxa solicitude de capital, con cargo aos fondos europeos Next Generation, supera os dous millóns de euros, aposta polo termalismo como eixo temático que dá forma a un conxunto de actuacións enfocadas á transición verde e sostible, a mellora da eficiencia enerxética, a dixitalización e a competitividade», afirmou o vicepresidente da Deputación.
Ler novas
Novas
Regueira, en Madrid Fusión, con produtores e cociñeiros coruñeses

Xosé Regueira: «En Turismo da Deputación estamos facendo historia poñendo a gastronomía da Coruña ao mesmo nivel que os grandes territorios culinarios do resto do Estado»

«A estratexia turística que estamos desenvolvendo baixo a campaña 'A provincia que sabe' debe estar presente en foros deste tipo, que funcionan como circuítos moi profesionalizados e onde estamos vendo que os nosos produtos culinarios son apreciados e demandados pola súa calidade contrastada», asegurou hoxe o vicepresidente da Deputación na xornada final de Madrid Fusión.

Ler novas
Novas
Regueira, na caseta que Turismo da Deputación ten en Madrid Fusión

Xosé Regueira: «A gastronomía da provincia da Coruña está a destacar en Madrid Fusión, onde o produto gourmet e a alta cociña son o público exclusivo»

O departamento de Turismo provincial participa por primeira vez no congreso madrileño cunha casete institucional e outras con actividades para poñer en valor a cadea gastronómica, que, baixo parámetros de calidade e sustentabilidade, se agrupan no selo ‘A provincia que sabe’. A primeira destas promocións foi, hoxe, a demostración culinaria que ofreceron os cociñeiros coruñeses Iván Domínguez e Moncho Méndez no restaurante Xeito!19’20".

Ler novas