regueira
Vídeo
Regueira sobre a colaboración da Deputación no cumprimento da lei (2)

Regueira sobre a colaboración da Deputación no cumprimento da lei (2)

Pleno do 27 de xullo. Regueria lembra quen sacou adiante a Lei de Benestar Animal e as súas esixencias. "A Xunta de Galiza debe asumir as súas responsabilidades no cumprimento da lei, e máis tendo en conta de que esta lei se aprobou só cos votos favorabéis do PP", lembra Xosé Regueira. Co voto favorable de todas as formacións políticas, saíu adiante unha iniciativa encamiñada a velar polo cumprimento da Lei e benestar animal no pleno da Deputación da Coruña desta mañá. A moción insta a Xunta de Galicia a velar polo cumprimento da Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía.

Ler novas
Vídeo
Regueira sobre a proposta do PP de apoio aos concellos (01).

Regueira sobre a proposta do PP de apoio aos concellos (01).

Pleno do 29 de xuño. Xosé Regueira xustifica o rexeitamento dunha moción do PP pedindo asistencia técnica aos concellos para tarefas de transparencia e protección de datos indicando que a Deputación xa presta ese servizo a concellos de menos de 5.000 habitantes. Regueira advirte ao PP que a prestación dese servizo é unha obriga legal, que o apoio por parte da Deputación merece un debate máis pausado e que o Plan Único é unha ferramenta para abordar este tipo de cuestións.

Ler novas
Vídeo
Regueira, no pleno da Deputación sobre os terreos portuarios da Coruña.

Regueira, no pleno da Deputación sobre os terreos portuarios da Coruña.

"Gustaríame empezar por deixar claro que é a Deputación da Coruña, e cal é o seu orzamento,,,", dixo Xosé Regueira no debate sobre o apoio da Deputación á iniciativa da Xunta respecto dos terreos portuarios da cidade da Coruña. "O que está en xogo é fundamental para o modelo de cidade, e deben ser as coruñesas e os coruñeses os que digan que queren facer cos terreos portuarios", insistiu Regueira, quen reiterou no pleno do pasado venres a postura do BNG respecto dos terreos e sinalou en que foros se debe dar o debate e lembrou que o BNG levará o asunto ao Parlamento galego.

Ler novas