patrimonio
Novas
García, Riveiro, Regueira e Muíño, na visita do vicepresidente as Torres do Allo

Xosé Regueira: «En Turismo da Deputación traballamos na mellora das Torres do Allo para que todos os veciños e veciñas poidan gozar desta xoia do patrimonio provincial»

«As Torres do Allo constitúen un dos conxuntos arquitectónicos, etnográficos e paisaxísticos máis emblemáticos non só da comarca, senón de toda a provincia e mesmo do país, e por iso debemos protexelas», sinalou Regueira na súa visita ás Torres, que aproveitou para entrevistarse coa presidenta da Asociación Amigos do Liño, Carmen Riveiro.
Ler novas
Novas
Penas e Parga asinan o convenio na sede provincial

Penas: «Co novo acordo da xestión do Ecomuseo do Forno do Forte potenciamos o coñecemento da idiosincrasia de Buño, que non se entende sen a súa olaría»

«Queremos continuar apoiando a revitalización deste espazo e reconstruíndo a vida cotiá das xentes labregas e oleiras que fixeron de Buño un centro emblemático da produción artesá de Galicia, da provincia e da comarca», sinalou o deputado do BNG trala sinatura do convenio entre a Deputación e o Concello de Malpica.
Ler novas
Novas
Muíño e Penas, durante a sinatura do convenio

Patrimonio da Deputación e o Concello de Cabana renovan o convenio polo servizo de atención a visitantes e outras actvidades relacionadas co dolmen de Dombate

Xosé Lois Penas e o alcalde de Cabana, Xosé Muíño, veñen de renovar un acordo "que servirá para intensificar a cooperación para a xestión cultural e turística dun importantísimo ben patrimonial, pero tamén para promover as posibilidades que ofrece a cultura megalítica como reclamo turístico na nosa provincia", en palabras do deputado. É o cuarto convenio que asinou estes últimos días Penas en representación da Deputación da Coruña, logo de dar continuidade aos que o departamento de Patrimonio, do que é responsable, mantén co Concello de Vimianzo polo Castelo e polos Batáns do Mosquetín, co Concello de Malpica polo Ecomuseo do Forno do Forte e co Concello de Zas polas Torres do Allo.
Ler novas
Novas
Xosé Regueira e Mónica Rodríguez, durante a firma do convenio

A Deputación e o Concello de Vimianzo asinan o convenio para a xestión do Castelo e dos Batáns do Mosquetín en 2022

A sinatura tivo lugar no pazo provincial entre o vicepresidente, Xosé Regueira, e a rexedora vimiancesa, Mónica Rodríguez. “A Deputación”, explicou Regueira, “leva realizado ao longo dos anos numerosas actuacións encamiñadas á protección, conservación, rehabilitación, musealización e posta en valor do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín, e con esta nova achega seguiremos avanzando para que converter eses dous referentes do noso patrimonio e as súas contornas naturais nun enclave turístico nacional”.

Ler novas
Novas
Bermejo e Penas, na presentación do festival

Xose Lois Penas: “Logo do éxito da edición pasada estamos encantados de volver colaborar con Espazos Sonoros”

O responsable provincial de Patrimonio confirmou a axuda que a Deputación volverá a comprometer co festival, que se presentou esta mañá e que se celebrará entre o 3 e o 25 de setembro. O festival porá en valor lugares de distintas comarcas da Coruña como o castelo de Naraío, o mosteiro de Caaveiro, Borneiro, o Dolmen de Dombate, as Terras rosalianas ou a lagoa de Sobrado.

Ler novas
Novas
Xosé Lois Penas, na presentación de 'Altamira Brilla'

Xosé Lois Penas: "As Torres de Altamira teñen que ser referencia na comarca, coa dimensión histórica e cultural que merecen"

"A batalla de Altamira", sinalou o deputado provincial de Patrimonio, "é un dos feitos máis importantes da historia da comarca e do país, por iso queremos que esta festa sexa vivida e sentida como propia por toda a veciñanza da zona e tamén polas persoas que queiran achegarse e participar nun encontro que quere recuperar a nosa memoria histórica”.

Ler novas
Novas
Xosé Lois Penas, na inauguración da mostra

A retrospectiva sobre Xosé Vizoso abre a nova etapa de actividades expositivas no Forno do Forte

“Este vai ser un museo aberto, inclusivo, vivo e cheo de contidos, un museo para a veciñanza de Buño, de Malpica e da comarca”, asegurou o Deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, no acto de apertura da mostra. Esta é a primeira exposición retrospectiva sobre a traxectoria dunha figura fundamental no eido da cerámica, a ilustración, o deseño, e o cartelismo, e estreitamente ligada a Sargadelos. Poderá visitarse ata finais de xuño.

Ler novas
Novas
Detalle do cartel da restrospectiva sobre a obra de Xosé Vizoso

Xosé Lois Penas encabezará a inauguración da exposición sobre a traxectoria de Xosé Vizoso

"Desde inicio de mandato traballamos coa mirada posta en converter o Forno do Forte no Museo da Olaría e en transformalo no centro cultural que lle corresponde, situando Buño como lugar de referencia dunha das tradicións oleiras máis senlleiras do noso país", asegura o responsable provincial de Patrimonio e Contratación. Penas fai especial fincapé en que a elección de Xosé Vizoso para abrir a nova xeira de actividades do Forno do Forte "encaixa precisamente nesta filosofía de posta en valor da tradición e da riqueza que a olaría supón no noso acervo cultural"
Ler novas
Novas
Regueira e Penas, cos representantes de Culturar, hoxe en Muros

Xosé Regueira e Xosé Lois Penas reúnense con representantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para coñecer as necesidades do sector

“Ao incluír os barcos tradicionais no novo programa de subvencións”, explicou o vicepresidente provincial, “estamos dando resposta a unha demanda histórica por parte das entidades que xestionan este tipo de patrimonio e que carecen de actividades económicas propias que lles permitan asumir os custos que supón a conservación das embarcacións, un recurso dun valor cultural incalculable”.
Ler novas
Novas
Penas, cos representantes dos cinco concellos que integran o Parque Compostela Rupestre

Xosé Lois Penas reúnese cos concellos participantes en Compostela Rupestre para por en marcha as primeiras accións do Plan Director do parque arqueolóxico

“Este é o inicio real da fase executiva do proxecto, na que lle imos dar prioridade á limpeza e mantemento dos petróglifos, a compra de parcelas nas que se sitúan os xacementos en Monte Piquiño e a creación do Centro de Interpretación Rupestre de Villestro, coa vista posta no obxectivo fundamental da preservación, protección e promoción dos gravados para que sexan visitables e accesibles a toda a cidadanía”, salientou o responsable provincial de Patrimonio.
Ler novas
Novas
Penas, na súa visita ás obras de remusealización do Forno do Forte

Xosé Lois Penas: "Coa museización que poñemos en marcha, o Forno do Forte actualízase a unha realidade social da olaría que non estaba reflectida na instalación actual"

“Coas novas melloras, posibles grazas á colaboración da Deputación, o que pretendemos é que o Forno do Forte e a tradición oleira de Buño traballen conxuntamente para buscar un ben único, que é a promoción dunha actividade que forma parte do noso patrimonio inmaterial e que como tal debe ser protexida e promovida por todas as administracións”, explicou o deputado provincial.
Ler novas
Novas
Penas e Muíño, durante a súa intervención na inauguración das xornadas

Xosé Lois Penas e María Muíño defenden ‘A Luz da ciencia’ como ferramenta para acabar coas fendas de xénero nas disciplinas científicas

“Estas xornadas deben crear vínculos entre a sociedade científica e tamén poñer luz no eido das dificultades que atopan as mulleres á hora de formarse, de incorporarse ao mercado laboral e de desenvolver unha carreira profesional de dedicación e investigación no eido da ciencia”, salientou o deputado provincial de Patrimonio. A responsable de Igualdade, María Muíño, apostou pola transversalidade para romper as barreiras da discriminación por sexo: “Entendemos que o traballo pola igualdade de xénero, para ser expansivo, para acadar unha transformación real, ten que chegar a todas as áreas e a todas as accións de goberno”.

Ler novas
Novas
Penas, na presentación da pasada edición de 'A luz da ciencia'

Xosé Lois Penas: «Crear vínculos entre a actividade científica e a sociedade é o obxectivo principal das xornadas ‘A luz da ciencia'»

“Sempre dicimos que a perspectiva de xénero debe ser transversal a toda a acción política da Deputación e en consecuencia estamos realizando un traballo constante para facelo realidade, ben sexa directamente desde a área de Igualdade, ben desde outras áreas e a través de factores moi diversos, como a introdución de criterios de xénero nas convocatorias públicas ou creando foros de debate e reflexión como este”, asegura o deputado provincial de Patrimonio. Penas fai tamén fincapé en que á hora de deseñar as xornadas se tiveron en conta “mulleres profesionais que están en activo e que neste momento son referentes en si mesmas no traballo científico, cada unha delas nun ámbito diferente”.
Ler novas
Portadas
Penas, cos representantes dos concellos integrados en Compostela Rupestre

Xosé Lois Penas e Xosé Regueira acordan cos cinco concellos de Compostela Rupestre as primeiras iniciativas ás que destinar o crédito asignado ao parque arqueolóxico

Penas asegura que o encontro cos representantes dos cinco concellos integrados no Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre -Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra- "foi realmente produtivo e supón un paso adiante para comezar a facer realidade este proxecto". "A partires de agora", explicou o deputado de Patrimonio, "pasamos da fase administrativa á fase executiva, propiciada pola sintonía e a colaboración entre Deputación e os concellos, que foron capaces establecer unha liña de traballo de cara aos vindeiros meses e que suporá un impulso definitivo".

Ler novas