cultura
Novas
Xurxo Couto, cos representantes dos proxectos beneficiarios do Fondo

Xurxo Couto: "Estamos orgullosos de todos e cada un dos proxectos seleccionados polo Fondo Reino de Galiza"

“Esta nova liña de traballo", explicou o responsable provincial de Cultura, "está baseada en poñer en valor a historia que nos é propia". Couto cualificou o período medieval “como un dos períodos de máis esplendor e dos máis identitarios como pobo, polo que queremos contribuír a dalo a coñecer desde a nosa perspectiva, e superar a visión de como nolo contaron desde fóra”.

Ler novas
Novas
Couto, cos membros do xurado avaliador das propostas

Andrés Sanjurjo, Vanesa M. Sotelo, Esther F. Carrodeguas e Soraya Lema Carballo, seleccionadas para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura

Para o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, "a diversidade de propostas que concorreron a esta primeira convocatoria das Residencias Artísticas Mariñán de Literatura confirma a pluralidade de temas e intereses que hai actualmente nas investigacións e na literatura de noso”. Paula Domínguez, Judith Ruso, Xerardo X. Pereiro Pérez e Abraham Pérez Fernández, foron as persoas seleccionadas para as Residencias Artísticas Mariñán na modalidade de Pensamento.

Ler novas
Novas
O responsable de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

Cultura da Deputación da Coruña subvenciona con preto de 400.000 euros as entidades de cultura tradicional e a sectores profesionais e amadores da cultura galega

“Estas dúas liñas de axudas que se acaban de aprobar”, explica o deputado Xurxo Couto, “renovan a nosa aposta por favorecer o sector cultural en todas as súas dimensións, e moi especialmente naquelas máis directamente vinculadas á creación de emprego e mantemento de estruturas profesionais e creativas”.
Ler novas
Novas
Couto, con Xosé Lois Vázquez, na presentación do congreso

Xurxo Couto presentou o Congreso sobre o Reino Medieval de Galiza, impulsado pola Deputación da Coruña

“Estamos firmemente convencidos da necesidade de que todas as sociedades deben coñecer o seu pasado para poder recoñecerse no presente”, sinalou o responsable provincial de Cultura. "Queremos contribuír, con humildade pero con determinación, a que a sociedade galega coñeza mellor o pasado do noso país e a historia social e política do que foi Galiza ao longo dos séculos”.

Ler novas
Novas
Couto, durante a entrevista que lle fixo hoxe a Caamaño e a Ameixeiras

Xurxo Couto: "Defendemos un modelo de política cultural que ten moi en conta o apoio á creación e aos procesos creativos, e non só ao resultuado final"

Couto lembrou que a posta en marcha das Residencias Artísticas é unha nova liña de traballo no apoio á creación, que vén unirse á convocatoria de certames. "Neste sentido", explicou, "pensamos que é fundamental que as institucións públicas creemos contextos favorables para que creadores e creadoras poidan desenvolver o seu talento e as súas propostas nas mellores condicións". Logo de coñecer de primeira man o proceso de creación e investigación no que están inmersas Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, o responsable provincial de Cultura indicou que o seu departamento está a traballar nunha "proposta que bebe da tradición e dos arquivos sonoros galegos que empregará unha linguaxe contemporánea que vai dar moito que falar nos vindeiros tempos".

Ler novas
Novas
Couto, cos membros da comisión avaliadora do Fondo

Xurxo Couto salienta "a alta calidade e a diversidade de enfoques e formatos" dos vinte proxectos seleccionados polo Fondo Reino de Galiza

Propostas escénicas, musicais, de edición e literatura, proxectos audiovisuais, animación en 3D, unha web sobre fortalezas, un cartafol de ilustracións e mesmo un estudo sobre tipografía medieval, entre as propostas seleccionadas nesta primeira convocatoria. "A avalancha de solicitudes recibidas indícanos que existe un tecido cultural moi interesado en crear contidos e produtos relativos ao período medieval galego", afirmou Couto.

Ler novas
Novas
Blanco, Regueira e Varela, na presentación do proxecto

Xosé Regueira: "Traballamos nun proxecto de turismo literario que vertebre a provincia a través da literatura e a sitúe en roteiros turísticos literarios a nivel europeo"

O proxecto verá a luz o vindeiro ano, segundo o anunciou o vicepresidente provincial esta mañá durate presentación das actividades a Deputación nas que colaboran Deputación e Festiletras. A área de Turismo levará á aldea do Couto, no mes de setembro, un concerto de Baiuca, unha intervención de arte mural e un globo aerostático
Ler novas
Novas
Carril, Lourenzo e Regueira, na presentación hoxe do proxecto

Xosé Regueira: "Manuel Lourenzo é dun dos imprescindibles do teatro galego. O proxecto de publicar toda a súa obra, ademais de fermoso, é tamén necesario para a cultura e para o país"

A biblioteca provincial acolleu esta mañá a presentación dos catro primeiros volumes dos sete que recollen a obra completa de Manuel Lourenzo e na que participaron, ademais do propio dramaturgo, o vicepresidente da Deputación e o presidente da Federación Galiza Cultura, Xosé Manuel Carril

Ler novas
Novas
Couto, con Carmen Méndez e Lidia Veiga, na presentación da gala

Xurxo Couto: "Traballamos coa idea de simbolizar a luz que a cultura, a través de todas as manifestacións artísticas, vén aportando á sociedade desde sempre e máis desde a pandemia"

"A gala deste sábado", lembrou Couto, "recoñecerá a todos os gañadores e gañadoras dos certames que convocamos en 2020 e 2021, anos que quedarán para sempre marcados na historia como os anos escuros da crise da Covid, mais tamén como ese tempo en que se sobrevivimos anímica e psicoloxicamente grazas á literatura, á música, á arte ou ao cinema". A gala, ademais de subir ao escenario ás 31 persoas e entidades premiadas, tamén está concibida como a posta en valor da aposta da institución provincial por apoiar a creación, o talento e unha visión da cultura con capacidade transformadora.

Ler novas
Novas
O responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto

Xurxo Couto: "Os 1.408 espectáculos do programa de 2022 consolidan a Rede Cultural como un circuíto sólido, estable e comprometido coa cultura ao vivo no territorio”.

“A distribución das achegas busca promover que toda a cidadanía do territorio teña acceso a unha programación cultural de calidade, independentemente de se vive nun concello con menos ou máis poboación ou con menos ou máis recursos económicos”. Propostas escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia conforman a oferta que a Rede Cultural da Deputación da Coruña programará nos concellos en 2022.

Ler novas
Novas
Xurxo Couto, con Carmen Méndez e Lidia Veiga, na presentación da gala no Teatro Colón

Xurxo Couto: "A gala de premios culturais 2020 e 2021 da Deputación será o maior encontro cultural do ano no país"

Presentada polas actrices Carmen Méndez e Lidia Veiga, reunirá os 31 premiados e premiadas e as case 150 persoas que participaron de xeito directo no desenvolvemento dos certames, entre xurados, comisariados e comisións lectoras. "Será unha celebración colectiva do papel crucial que a cultura tivo durante estes dous anos de crise pandémica, da luz que aportou e aporta á sociedade, así como un recoñecemento a creadores, creadoras e ao sector cultural no seu conxunto”, asegurou Couto. 

Ler novas
Novas
O responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto

Cultura da Deputación pon en marcha unha nova liña de axudas á creación coas residencias artísticas no Pazo de Mariñán

“Trátase”, en palabras do deputado de Cultura, Xurxo Couto, “dun formato único e moi novidoso para aproveitar un espazo singular como é Mariñán e poñelo ao servizo de procesos de creación artística”. "Esta nova iniciativa está concibida para dar cabida a toda a diversidade cultural do momento, polo que estamos a falar de convocatorias abertas e cunhas bases que permiten a concorrencia de todo o tecido creativo que temos no país a día de hoxe”.

Ler novas
Novas
O responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto

Cultura da Deputación apoia con 1,1 millóns de euros os festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas dos concellos e entidades

"Apoiar os festivais significa, para nós, apostar pola difusión e a creación cultural a través do que son verdadeiras plataformas de promoción das propostas existentes e tamén de creación de emprego e riqueza no sector", explica o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto. "Este apoio á actividade cultural é un dos obxectivos destas dúas liñas de subvencións que, xunto coa Rede Cultural, significa unha aposta pola contratación e a mellora da situación laboral e económica do sector profesional da cultura, tan afectado pola pandemia".

Ler novas
Novas
Xurxo Couto e Sergio Marey, na entrevista que mantiveron hoxe na sede provincial

Xurxo Couto: "LabCareixa nace coa idea de fomentar o diálogo entre creadores e creadoras novas do campo visual, escénico e plástico"

"Trátase dun proxecto no que participan cinco artistas de diferentes disciplinas para crear de xeito colectivo unha peza escénica, de carácter performático, baseada nun texto dramático de Luísa Villalta, e que nace coa idea de continuar na liña de apoio á creación artística que vén desenvolvendo da Deputación desde hai anos”, salientou o responsable de Cultura provincial
Ler novas
Novas
Xurxo Couto e Xavier Campos, na presentación do Fondo, o pasado xaneiro

O ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza’ abre o prazo de presentación de solicitudes

Para o responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, “o Fondo evidencia a existencia previa dun gran interese en desenvolver iniciativas relacionadas coa nosa historia medieval e que, tal e como xa tiñamos detectado, precisan dunha canle de apoio para ver a luz”. Precisamente atendendo ao número e á tipoloxía de consultas recibidas, Couto dixo que o seu departamento “espera que esta primeira edición do Fondo arranque xa cunha diversidade de proxectos significativa e que contribúa a poñer en valor   a historia, as figuras, os lugares e os momentos do Reino medieval de Galiza”.
Ler novas
Novas
O responsable do departamento de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

A Deputación destina este ano 275.000 euros para apoiar proxectos de especial relevancia social e cultural

Para o responsable do departamento provincial de Cultura, Xurxo Couto, “a existencia dun tecido cultural privado, que ofreza contidos de calidade e de interese en lingua galega, e capaz de gañar músculo, solvencia, autonomía e capacidade de ser rendíbel, resulta fundamental para o desenvolvemento cultural normalizado do noso país e esixe da posta en marcha de políticas de apoio desde o ámbito público”. 
Ler novas
Novas
O responsable do departamento de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

Cultura da Deputación da Coruña financia a contratación de técnicos de xestión cultural nos concellos e de persoal de atención de museos municipais

"Contribuír á profesionalización dos departamentos de cultura nos concellos, promover boas prácticas, e fomentar as programacións culturais estables é a finalidade destas dúas convocatorias que, pensamos, son indispensables para achegar a cultura de calidade a toda cidadanía", asegura Xurxo Couto. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de febreiro.
Ler novas
Novas
Couto, con Pilocha e Miro Casabella, na presentación do ciclo

Xurxo Couto: "O ciclo ‘Pioneirxs da música galega’ é unha oportunidade histórica para recuperar a música en galego dos anos 70, cerne do gran momento musical que está a vivir o país"

O Teatro Colón acollerá nos próximos meses dous concertos en directo nos que se recuperarán o primeiro álbum de jazz-fusión galego: ‘Pilocha’(1978), da cantante do mesmo nome, e un dos primeiros álbums de canción de autor, ‘Ti, Galiza’ (1977), de Miro Casabella. O sábado 12 de febreiro subirá ao escenario Pilocha e o sábado 5 de marzo farao Casabella. As entradas serán de balde previa retirada a través da web do teatro coruñés.
Ler novas