O Xeoparque de Ortegal, na feira B-Travel

e9dde0fc-e934-439d-9ab3-bbab62892945
Un autobús rotulado con promoción da Coruña percorreu as rúas de Barcelona esta semana.

Durante esta fin de semana, a Área de Turismo da Deputación promocinou en Barcelona o proxecto para a declaración do patrimonio xeolóxico de Ortegal ante a UNESCO

O Xeoparque de Ortegal, na feira B-Travel

Cun espazo propio no recinto feiral, a área de Turismo da Deputación aproveitará esta nova edición da máis importante feira do sector en Cataluña para difundir o proxecto do Xeoparques de Ortegal, ademais doutros destinos do territorio. Ademais de promoción no espazo e o programa da feira, a través da Deputación o doutor en Xeoloxía e un dos promotores do proxecto, Francisco Canosa, participou nas xornadas profesionais coa ponencia O xeoturismo en Galiza, unha maneira diferente de ver a paisaxe.

 

B-Travel A área de Turismo tamén difundirá as actividades artesanais máis representativas da provincia con mostras ao vivo como a de Esther Ferreiro que traballará diante do público a súa artesanía de prata e vidro. Como mecanismo de promoción, durante toda a semana e até este domingo,  un autobús rotulado con fotografías do Proxecto do Xeoparque percorrerá as rúas de Barcelona e ofrecerá no seu interior o vídeo promocional Coruña Like.

 

"B-Travel é un dos principais eventos no sector turístico cun retorno que reverte nas propostas que se presentan no programa da feira de Barcelona. Nesta edición, consideramos de especial interese presentar o proxecto de Xeoparque de Ortegal porque o bo resultado da proposta defende, en boa medida, do coñecemento e difusión internacional", explica o deputado Xosé Regueira.

O Xeoparque de Ortegal, na feira B-Travel