'Mullerío' contra a violencia machista

anxela_franco_005
Ánxela Franco.

O venres 23 as artes escénicas denuncian o feminicidio "tomando" o Teatro Colón.

'Mullerío' contra a violencia machista

A deputada de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco, a coordinadora Gena Baamonde e a artista Ánxela Blanco participaron na presentación de A Marabunta, a acción promovida pola Deputación da Coruña que este venres día 23 "tomará" distintos espazos do Teatro Colón da Coruña. "Queremos visibilizar o feminicidio e o holocausto que padecen as mulleres a través desta iniciativa que se suma a nosa política contra a violencia machista", dixo na presentación Ánxela Franco, responsábel da área de Igualdade da Deputación.

 

O evento está composto maiormente por pezas escénicas feitas especialmente para a actividade e ocupando espazos distintos ao habitual escenario do teatro. A benvida virá da man de Clara Gayo no roupeiro do teatro que botará man da ironía para facer fincapé nas violencias que as mulleres teñen que aguantar todos os días. A xornada seguirá con Atenea García e a peza Anónima, un traballo en construción que pon o foco na tradición oral e cantada transmitida polas mulleres. Artemisa Semedo coa súa proposta poética en acción dará paso a Ánxela Blanco e Mónica de Nut coa súa performance de corpo e voz Sexo ou as fillas do mar. Blanco&Roja, o colectivo de Alba Blanco e María Roja, presentarán Pasaescalabra, que incide no sexismo e a violencia na linguaxe. Na intervención, veñen acompañadas doutras acompañada doutras artistas como Iria Azevedo, Anabell Gago, Mai Insua, Atenea García e Marta Pérez. 

 

A entrada é de balde.

'Mullerío' contra a violencia machista