Turismo destina 800.000 euros para municipios de menos de 50.000 habitantes

regueira_1(1)
Xosé Regueira (BNG), responsábel de turismo.

A Deputación da Coruña promove a contratación de profesionais nas oficinas de turismo dos concellos

Turismo destina 800.000 euros para municipios de menos de 50.000 habitantes

A Deputación da Coruña financia as retribucións do persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes, por un período mínimo de 4 meses, coincidindo coa temporada alta turística. Para este fin, a área de Turismo destina 800.000 euros que teñen como obxectivo contratación de persoal especializado para manter abertas as oficinas de turismo, cando menos, catro meses en temporada alta. "Esta liña é un eixo fundamental da xestión da área de Turismo da Deputación da Coruña xa que, por unha parte, contribúe á empregabilidade de persoas con formación no sector e, pola outra, é fundamental á hora de profesionalizar a atención turística, coa contratación de persoas especializadas", sinala o deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira.

 

O persoal que opte ás prazas dos concellos deberá estar en posesión dos títulos de técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística, Turismo, técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou grao e licenciatura en Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia.

 

Na seguinte ligazón pódense consultar as bases completas da convocatoria: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/09/2019_0000000112.html

Turismo destina 800.000 euros para municipios de menos de 50.000 habitantes