Susana Seivane na presentación de 'Lúas de outono 2018'

'Lúas de outono' 2018 (10ª edición). Concerto de Susana Seivane estreando o seu no disco 'Fa'.

Susana Seivane na presentación de 'Lúas de outono 2018'

No remate do acto de presentación do concerto Lúas de outono, que o próximo mércores día 19 homenaxeará a Manuel María no Teatro Rosalía da Coruña, a gaiteira Susana Seivane ofreceu esta peza. Seivane será a encargada este ano de tocar na homenaxe ao poeta e estreará o seu novo disco Fa, un disco que toma o nome das iniciais dos nomes dos seus fillos.

LÚAS DE OUTONO 2018. Mércores, 19 de setembro, ás 20:30 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Susana Seivane na presentación de 'Lúas de outono 2018'