Imprimir

A Rede Cultural ofrece este ano máis de dous millóns de euros

BNG | 03 de xaneiro de 2019

Sinatura dos convenios Rede Cultural cos concellos.
Sinatura dos convenios Rede Cultural cos concellos.

Compañías, profesionais e entidades terán até o 17 de xaneiro para inscribir os seus espectáculos no circuíto cultural que conta con catro programas: Escena ao vivo, Visións, Alicerce e Lingua a  escena!.

"A aposta pola Rede Cultural supón materializar o noso lema de A Cultura é un dereito, sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín para quen o circuíto cultural supón "levar un programa de actividades culturais de calidade a todos os concellos, contribuír á difusión dos produtos culturais e tamén afortalar o sector cultural coa creación de emprego".

 

"Os distintos programas da Rede Cultural responden a unha planificación clara destinada a ofrecer unha programación de calidade, contribuír a difundir as extraordinarias propostas artísticas que se están a producir na nosa cultura  desde unha aposta polas boas prácticas na xestión cultural, que é outro dos nosos principios de actuación", destacou Sanmartín.

 

A convocatoria incorpora tamén novidades no camiño da profesionalización da xestión cultural e da mellora das condicións de produción e distribucións dos espectáculos, tanto para o público como para as compañías e profesionais que participan na Rede Cultural.

 

As bases da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/03/2018_0000009838.html

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/rede-cultural-ofrece-ano-mais-dous-millons-euros/20190103220125001371.html


© 2020 BNG da Deputación da Coruña

BNG da Deputación da Coruña
Correo: depuacorunha@bng.gal