Imprimir

A Deputación pide a condonación da débeda do porto da Coruña

BNG | 14 de setembro de 2018

Porto da Coruña.
Porto da Coruña.

A Deputación insta a Fomento, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, ADIF, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a constituir un ente público como forma de participación e xestión deste novo horizonte litoral.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade unha declaración institucional instando ao Goberno do España a condonar o préstamo concedido por Puertos del Estado á Autoridade Portuaria da Coruña para a construción do porto exterior de Punta Langosteira ou, no seu caso, conceder as axudas económicas equivalentes conducentes á amortización efectiva de dito préstamo.

 

Así se recolle no texto da declaración aprobada hoxe, que vai na liña do acordo unánime alcanzado no Parlamento Galego o pasado 12 de setembro, e na que tamén se solicita ao Ministerio de Fomento a convocatoria da Comisión de Seguemento do convenio co fin de negociar un protocolo de colaboración que teña por obxecto a revisión dos convenios de 2004 e do PXOM de 2013 sobre o fundamento da definición dun novo horizonte litoral e portuario para a cidade da Coruña baseado nos principios básicos de titularidade e xestión pública dos terreos, equipamentos dotacionais e espazos libres públicos e usos produtivos portuarios complementarios. Asemade, a Deputación insta a Fomento, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, ADIF, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a constituir un ente público como forma de participación e xestión deste novo horizonte litoral.

 

Porto Exterior: conexión ferroviaria

Na declaración tamén se insta a Fomento e Portos do Estado a impulsar e financiar a execución da conexión ferroviaria do Porto Exterior de Punta Langosteira sen achega económica da Autoridade Portuaria da Coruña e, a tal efecto, demandar a inclusión dun orzamento axeitado tanto no Plan de Investimentos de Portos do Estado e ADIF como na Lei de Orzamentos do Estado para 2019, de xeito que poda ser licitada no primeiro semestre dese exercicio.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/pleno-da-deputacion-aproba-unanimidade-declaracion-pedindo-condonacion-da-debeda-do-porto-da-coruna/20180914144323001261.html


© 2020 BNG da Deputación da Coruña

BNG da Deputación da Coruña
Correo: depuacorunha@bng.gal