Imprimir

Chega a cuarta edición do certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar

BNG | 01 de abril de 2019

Quero Cantar.
Quero Cantar.

O prazo de presentación de maquetas remata o 15 de outubro.

Coma nas edicións anteriores, o certame consta de dúas fases. Na primeira,  un xurado formado por músicos e músicas profesionais determinará que cancións se inclúen no disco e  que cancións deberán ser interpretadas en directo na gala final. Este evento ha ter lugar en outono no Teatro Colón da Coruña. Durante a gala, un novo xurado, composto esta vez por rapaces e rapazas de idades similares ás establecidas para as categorías, será o encargado de valorar as interpretacións e determinar así a posición final das candidatas.

 

Quero Cantar 2Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da Área de Cultura fai un chamamento ao profesorado e ás familias a que animen a rapazada a presentarse a esta iniciativa porque “como xa comprobamos nas edicións anteriores, é unha experiencia emocionante e enormemente enriquecedora”. Desde o inicio do concurso, os grupos participantes mostraron o seu contento por participar da experiencia, desde a preparación previa até a actuación final pasando mesmo pola tensión do proceso de selección. "Na festa final comprobamos o ben que o pasa e como gozan defendendo as súas cancións nun certame que busca animar a creatividade musical na nosa lingua entre a xente nova", sinala Goretti Sanmartín.

 

As bases na páxina web www.querocantar.gal  

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/chega-cuarta-edicion-do-certame-musica-infantil-xuvenil-quero-cantar/20190401062835001453.html


© 2020 BNG da Deputación da Coruña

BNG da Deputación da Coruña
Correo: depuacorunha@bng.gal