PREMIOS LUÍSA VILLALTA

Catálogo de Ilustradas implica ás mozas e mozos na descuberta

Ilustradas 3
Ánxela Franco e Goretti Sanmartín, esta mañá.

A vicepresidenta e responsábel da  área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e a deputada de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, entregaron esta mañá os premios do concurso “Catálogo de Ilustradas”.

Catálogo de Ilustradas implica ás mozas e mozos na descuberta

As alumnas e alumnos dos centros de ensino finalistas de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol, recibiron este venres os premios e diplomas acreditativos polas ilustracións que presentaron ao concurso Catálogo Ilustradas, en que participaron máis de 250 mozos e mozas, que retrataron a mulleres pioneiras nas distintas disciplinas do programa Catálogo de Ilustradas, un dos dez proxectos galardoados pola institución provincial no certame Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade.

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, puxo en valor a grande calidade das obras presentadas ao certame, e cualificou de "magnífica" unha iniciativa que "ademais de fusionar Cultura e Igualdade tamén serve para ver como as novas xeracións crean e lle dan unha nova dimensión ás mulleres". Nesta mesma liña, a deputada de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, subliñou "o grande traballo de visualización das mulleres realizado polos alumnos e alumnas dos centros, pois, coas súas pezas contribúen "a visibilizar o esforzo e o traballo de moitas mulleres que unha parte da sociedade nin coñece, nin recoñece".

 

A iniciativa Catalogo de Ilustradas, posta en marcha por Promove Consultoría e Formación SLNE, foi galardoada conxuntamente polas áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña na primeira edición do Luísa Villalta. 

Catálogo de Ilustradas implica ás mozas e mozos na descuberta