Imprimir

ButacaZero levará á escena a obra de Ernesto Is sobre María Casares

BNG | 24 de xaneiro de 2019

Ernesto Is, Sanmartín e Carrodeguas, este xoves na presentación no Colón.
Ernesto Is, Sanmartín e Carrodeguas, este xoves na presentación no Colón.

A Deputación da Coruña financia a produción e posta en escena da obra gañadora do Premio Rafael Dieste.

A autora e directora Esther F. Carrodeguas é a encargada da produción do espectáculo a través da súa plataforma ButacaZero. Despois das ondas, de Ernesto Is, a obra que xira arredor da vida de María Casares, chegará antes do verán aos escenarios.

 

Ademais de Esther  F. Carrodeguas como produtora, o equipo estará composto por Xavier Castiñeira Blanco como director e o propio autor, Ernesto Is, en calidade de axudante de dirección e responsable da dramaturxia En escena estarán Belén Constenla e Nerea Brei, encarnando a María Casares nas diferentes etapas da vida da aclamada actriz, e Sonsoles Cordón que interpretará diferentes personaxes que acompañaron a vida de Casares, ademais de, en tanto que performer, asumir partes de danza.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/butacazero-levara-escena-obra-ernesto-is-maria-casares/20190124151434001395.html


© 2020 BNG da Deputación da Coruña

BNG da Deputación da Coruña
Correo: depuacorunha@bng.gal