Imprimir

Axuda a entidades con programas sociosanitarios

bngdepuacorunha | 28 de maio de 2019

Un total de 34 asociacións reciben apoio para o desenvolvemento de actividades no ámbito do benestar social

A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña apoia cun total de 307.679 € os proxectos de asociacións e entidades do tecido sociosanitario dos concellos da Coruña.

 

En total son 34 as entidades beneficiarias desta liña de axudas en concorrencia competitiva para organizar xornadas, obradoiros, servizos de atención e asesoramento, e demais actividades programadas polas distintas asociacións entre as que se atopan entidades creadas arredor de enfermidades como a bulimia, o párkinson, o alzheimer, dano cerebral, esclerose lateral ou das coñecidas como doenzas raras.

 

A deputada e responsable da área de Igualdade, Ánxela Franco, quixo destacar "o papel fundamental que están a desenvolver estas entidades que traballan para contribuír a apoiar a persoas que padecen enfermidades e a mellorar a súa calidade de vida, como tamén ás persoas que están no seu entorno".

 

Así, a Deputación da Coruña contribuirá ao desenvolvemento de programas e actividades arredor de trastornos alimentarios, esclerose, diabetes, autismo, TDAH, epilepsia, alzheimer ou cancro tamén para o tratamento e prevención de dependencias.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/axuda-entidades-programas-sociosanitarios/20190528085548001503.html


© 2020 BNG da Deputación da Coruña

BNG da Deputación da Coruña
Correo: depuacorunha@bng.gal