O audiovisual galego, un sector a estimar

academia2
Goretti Sanmartín, este luns con representantes do sector.

A atención prioritaria que o departamento provincial tivo no 2018 co audiovisual resúmese nunha cifra: 600.000 euros en axudas para o sector.

O audiovisual galego, un sector a estimar

A responsábel de Cultura da Deputación, a nacionalista Goretti Sanmartín, e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, veñen de asinar un convenio para o financiamento da organización dos Premios Mestre Mateo e María Luz Morales. A Deputación da Coruña achega 25.000 euros á Academia. A atención prioritaria que o departamento provincial tivo no 2018 co audiovisual resúmese nunha cifra: 600.000 euros en axudas para o sector. A Deputación da Coruña avanzou este ano no apoio ao audiovisual galego con varias liñas novas para produción e distribución. 

 

Apoio á distribución de novas películas como Trote de Xacio Baño, axuda á produción de longametraxes como Arima de Jaione Camborda ademais de fortalecemento de programas como Visións da Rede Cultural e das liñas de subvención para festivais sitúan á Deputación da Coruña como institución de referencia no apoio á creación audiovisual. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura asinou esta semana o convenio coa Academia Galega do Audiovisual para a colaboración na organización de iniciativas do sector e sinalou: "Fixemos un esforzo importante centrado de maneira especial na distribución, que é o ámbito de traballo que nos permite colaborar directamente con concellos e entidades. Desta maneira, o programa Visións da Rede Cultural, a nova liña de distribución de producións galegas e o apoio decidido a festivais supoñen varias vías de colaboración que contribúen á que os contidos audiovisuais abran novas vías de encontro co público". 

 

O programa Visións da Rede Cultural, o apoio aos festivais do sector audiovisual, a liña de apoio á distribución e exhibición de contidos en lingua galega, a colaboración con proxectos singulares ou a axuda a entidades do sector son algunhas das liñas de apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña á promoción da creación audiovisual galega que neste ano 2018 deron un paso adiante significativo situándose como referente de axudas públicas ao sector. A Deputación da Coruña destinou en 2018 máis de 600.000 euros ao fortalecemento do audiovisual galego. 

O audiovisual galego, un sector a estimar