Imprimir

A área de Turismo axuda a máis de cincuenta novas contratacións

BNG | 01 de abril de 2019

Xosé Regueira.
Xosé Regueira.

 Case oitocentos mil euros para a contratación de persoal de turismo dos concellos.

Un total de 774.273,73 euros é o orzamento da concesión provisional da liña de axudas para contratación de persoal para oficinas de turismo convocadas pola Deputación da Coruña. 

 

"Esta liña é un eixo fundamental da xestión da área de Turismo da Deputación da Coruña xa que, por unha parte, contribúe á empregabilidade de persoas con formación no sector e, pola outra, é fundamental á hora de profesionalizar a atención turística, coa contratación de persoas especializadas", sinala o deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira.

 

Son cincuenta e cinco os concellos de menos de 50.000 habitantes que son beneficiarios desta convocatoria que concede nesta edición até 20.000 euros por municipio segundo a solicitude realizada, o tempo de contratación ou o número de persoas contratadas.  

 

A aposta con esta liña encamíñase cara a profesionalización do sector co financiamento das retribucións do persoal técnico para oficinas de turismo de concellos, por un período mínimo de catro meses, coincidindo coa tempada alta de turismo. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/area-turismo-axuda-mais-cincuenta-novas-contratacions/20190401061337001450.html


© 2020 BNG da Deputación da Coruña

BNG da Deputación da Coruña
Correo: depuacorunha@bng.gal